Wednesday 15 de May de 2024

O Apalpador e as palabras perdidas, teatro infantil o martes 26 na Fábrica


O Concello organiza o martes 26 de decembro ás 18:00 horas a obra de teatro O Apalpador e as palabras perdidas, da compañía A Xanela do Maxín, no auditorio da Fábrica. O espectáculo está dirixido a nenas e nenos maiores de 5 anos e para participar é posible inscribirse a través da web municipal a partir deste martes, desde as 8:30 horas.

A obra conta que o Apalpador baixa cada ano desde O Courel para traer castañas e agasallos e desde que coñeceu a nena sen medo, tamén palabras! Palabras en galego, mais algunhas van esquecéndose… mesmo para el. Un retorno ao pasado faranos lembrar.

A través desta obra buscaremos, atoparemos e recuperaremos xoguetes e palabras que foron esquecidas por moitas persoas, para que poidan volver ás nosas vidas na noite do Nadal en forma de agasallo para seguir aprendendo e gozando dunhas tradicións e dun idioma tan máxicos como fermosos.

INSCRICIÓNS: https://www.oleiros.org/actividades-infant%C3%ADs/-/asset_publisher/aiWOuwpiK6gz/content/id/988190